Xinzo de Limia

Xinzo lidera a conversa sobre lonxevidade coa celebración das I Xornadas de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis

  • Un dos principais obxectivos é debater sobre os determinantes da lonxevidade e estratexias para un envellecemento activo e saudable. 


 
417436535_10161464553493256_1199369384966602913_n-2
417436535_10161464553493256_1199369384966602913_n-2

Xinzo de Limia, a 21 de xuño de 2024. Xinzo de Limia albergará as I Xornadas Intercomunitarias de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis os días 28 e 29 de xuño, un evento que reunirá expertos nacionais e internacionais para debater sobre os determinantes da lonxevidade e estratexias para un envellecemento activo e saudable. Este encontro está organizado polo Concello de Xinzo de Limia, a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a  Plataforma Ourensividade e a Escola Rural de Saúde da Limia.

O alcalde Amador Díaz afirmaba durante a presentación que “estas xornadas son unha oportunidade única para compartir coñecementos e experiencias que contribúan á mellora da calidade de vida dos nosos maiores”. Resaltou tamén o compromiso dos colectivos involucrados, con especial mención a Pablo García Vivanco e a Lola rico polo seu apoio continuado a “iniciativas que promoven a saúde e o benestar da comunidade”.

Os temas principais das xornadas inclúen a análise das zonas azuis—áreas do mundo onde a xente vive de maneira notablemente máis longa—, nutrición saudable, e a promoción da saúde a través do asociacionismo. Ademais, discutirase a importancia de protexer os dereitos das persoas maiores, asegurando que teñan acceso a coidados e recursos necesarios para unha vida digna e plena.

Programación