Elvira Lama pídelle ao Sergas un cribado para illar aos asintomáticos e frear así a cadea de contaxios en Xinzo
O municipio pasou no que vai de ano de 39 casos activos o 1 de xaneiro a 110 hoxe, pese ás recomendacións e controis policiais. A alcaldesa quere que o cribado sexa valorado na reunión do Comité Clínico de mañá e ofrece todos os medios necesarios para levalo a cabo.