Concello
A alcaldesa convoca a xunta de portavoces para esixirlle á Xunta un inicio de curso seguro nos centros da vila
- A Consellería de Educación non habilita un profesor de Educación Primaria para o Rosalía de Castro e obriga a que aulas que o ano pasado tiñan 16 e 17 alumnos pasen en plena pandemia a 24 e 25. “É unha irresponsabilidade que atenta contra a saúde pública”, declarou Elvira Lama tras participar na concentración convocada polos profesores. O texto a acordar por todos os grupos políticos da Corporación tamén incluirá as demandas do CEIP Carlos Casares.