Concello
O Concello conxúrase cos produtores de pataca para resolver dunha vez os problemas que teñen para regar
A alcaldesa encoméndalle a Amador Díaz, concelleiro e produtor, que explore xunto co resto de colleiteiros as mellores solucións a corto e a medio prazo. Ambos abrirán unha segunda fronte institucional para negociar coas admistracións implicadas, reuníndose xa co Ministerio de Agricultura e a Confederación do Miño-Sil.