Os vándalos arroxaron cadeiras, mesas e outro mobiliario e obxectos ao interior do vaso, ademáis de provocar outro tipo de danos. O concelleiro de Deportes acordou pechar 15 días antes para facilitar os traballo de reparación, que obrigarán a baleiralo. Considera “absolutamente lamentable” este tipo de comportamento e reclama unha sanción social para os autores.
O programa arranca mañá, domingo, co concerto de Queixume dos Pinos na Praza de Carlos Casares e as primeiras clases de pilates e zumba no Toura (ás 11 y 12 da mañá)l. Pese a suspensión do Esquecemento, haberá una semana adicada á festa, con reducidas pero moi variadas actividades, a maioría de rúa. A partir deste domingo, todas as fins de semana de xullo e agosto terán polo menos dúas actuacións e algunhas ata catro, tamén os venres.
Na cita de mañá, terceira durante o Estado de Alarma, volverán todos os tipos de posto, incluídos os de téxtil e calzado, aínda que en menor número.