Celebrase en Xinzo, por segundo ano consecutivo, o campus organizado pola fundación Celta de Vigo
64 nenos e nenas participaron no mesmo
Por segundo ano consecutivo, grazas ao acordo entre o Concello de Xinzo e a Fundación Celta de Vigo, celebrouse en Xinzo o Campus de fútbol para nenos e nenas a partir de 4 anos,realizado pola fundación, que atopa neste pobo as instalacións e o persoal axeitados.
A participación adoita ser masiva e todos os participantes, incluídos os pais e nais, soen quedar moi contentos co evento.
A fundación traballa catro áreas moi importantes para a educación física dos nenos e nenas: coordinación, tecnificación, finalización e competición.
O campus distribúese en cinco categorías de fútbol
O campus distribúese en 5 categorías: un grupo de nenos e nenas de iniciación, dous grupos de prebenxamín, un de de benxamíns e outro de alevíns. O grupo de iniciación, aínda que traballa tódalas categorías, céntranse sobre todo na psicomotricidade.
A totalidade dos nenos e nenas participan todos os días en dúas sesións de mañá de 10:00 a 14:00 con un descanso para repoñer forzas con froita e zumes.
Cando o campus remata, fanse sorteos nos que se entregan premios relacionados co R.C. Celta de Vigo e coa fundación.