1) Representar ó Concello.
2) Dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obras municipais.
3) O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento aprobado, dispor gastos dentro dos límites da súa competencia de acordo co Orzamento aprobado, a disposición de gastos gastos dentro dos límites de competencia de Alcaldía, ordenar pagos e render contas; todo de conformidade co disposto na Lei Reguladora de Facendas Locais.
3) Aprobar a oferta de emprego público de acordo co Orzamento e a plantilla aprobados polo Pleno, aprobar as bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo e distribuír as retribucións complementarias que non sexan fixas e periódicas.
4) Exercer a xefatura da Policía Municipal.
5) As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas o Plenario, así como os instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
6) Sancionar as faltas de desobediencia a súa autoridade ou por infracción das ordenanzas municipais, salvo nos casos en que tal facultade este atribuída a outros órganos.
7) A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.
8) O outorgamento das licencias, salvo que as leis sectoriais o atribúan expresamente ó Pleno ou a Xunta de Goberno Local.
9) Ordenar a publicación, execución e facer cumprir os acordos do Concello.
10) Todas as demais competencias que as leis do Estado ou da Comunidade Autónoma sinalen ao Municipio e non sexan expresamente atribuídas a outros órganos municipais, sempre que pola Presidencia se sometan ao exame e deliberación da Xunta de Goberno Local.
A Xunta de Goberno Local celebrará reunión ordinaria con periodicidade semanal, ás dez horas dos xoves, sen prexuízo das de carácter extraordinario que a Presidencia estime oportuno convocar cando a conveniencia de resolver asuntos propios da competencia deste órgano así o aconselle.