Xinzo de Limia Xinzo de Limia

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia do Alcalde, colabora de forma colexiada na función de dirección política que a este corresponde e exerce as funcións que se sinalan no art.º 127 da Lei de Bases do Réxime Local, entre as que se encontra: aprobación dos proxectos de ordenanzas e regulamento, do proxecto de presuposto, de proxectos de ordenación urbanística, Aprobar as relacións de Postos de Traballo, oferta de emprego publico.

A Xunta de Goberno Local responde politicamente ante o Pleno da súa xestión de forma solidaria, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada un dos seus membros pola súa xestión.

Corresponde ao Alcalde nomear e esperar libremente aos membros da Xunta de Goberno Local, cuxo numero non poderá exceder dun terzo do numero legal de membros do pleno, ademais do Alcalde.

O Alcalde poderá nomear como membros da Xunta de Goberno Local a persoas que non ostenten a condición de Concelleiros, sempre que o seu numero non supere un terzo dos seus membros, excluído o Alcalde.

As deliberacións da Xunta do Goberno Local son secretas.

Día de Celebración: A Xunta de Goberno de Xinzo de Limia celebrará sesións ordinarias semanalmente os xoves ás 10:00, salvo que este coincidise en día festivo, en cuxo caso se celebraría o día hábil anterior. A Xunta de Goberno non celebrará sesión ordinaria a semana en que se reúna o Pleno ordinario da Corporación.