Xinzo activa o dispositivo de emerxencias para afrontar a alerta laranxa por choiva e vento
-
O Concello coordina o dispositivo de emerxencias e pecha os parques municipais ante posibles riscos.
-
A cidadanía está chamada a vixiar elementos que poidan desprenderse e a contactar co 112 en caso de emerxencia.
-
Recoméndase reducir ao imprescindible os desprazamentos e extremar a precaución en exteriores.
Xinzo de Limia, a 08 de outubro de 2024. O Concello de Xinzo de Limia informa da activación do seu Plan de Inundacións debido ao aviso laranxa por fortes choivas e ventos que afectarán a toda Galicia a partir de hoxe e durante o día de mañá. Segundo as previsións meteorolóxicas, espéranse refachos de vento de ata 100 km/h, polo que se insta á cidadanía a extremar as precaucións.
As autoridades locais, en coordinación cos dispositivos de emerxencia —Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, Bombeiros e o Centro de Saúde—, están en alerta para atender calquera incidencia que poida xurdir nas próximas horas. Recoméndase seguir as instrucións e evitar situacións de risco innecesarias.
Recomendacións para a cidadanía:
• En caso de emerxencia, contactar co 112.
• Evitar saír á rúa a non ser que sexa imprescindible e tomar as precaucións necesarias se se fai.
• Prestar especial atención a elementos exteriores que poidan saír voando co vento, como mesas e cadeiras nas terrazas da hostalería, así como outros obxectos que poidan supoñer un perigo. Evitar empregar este tipo de obxectos.
• Os parques municipais permanecerán pechados desde este momento para evitar danos ante a posible caída de pólas ou árbores.
• Suspéndense as actividades e entrenamentos deportivos ao aire libre.
Lembramos que a colaboración e o sentido común son claves para garantir a seguridade de todos e todas durante este episodio de mal tempo.