Xinzo de Limia Anuncios

Xinzo instalará un Punto de Actualización de Documentación (PAD) no Concello

  • A instalación do PAD facilitaralle á veciñanza a actualización de chaves do DNI e certificados dixitais.

  • Para que esta medida se poida facer efectiva ten que ser aprobada no pleno local.

Imaxe da reunión presidida por Amador Díaz
Imaxe da reunión presidida por Amador Díaz

Xinzo de Limia, a 21 de maio de 2024.  O Concello de Xinzo de Limia contará cun novo Punto de Actualización de Documentación (PAD) nas súas instalacións, facilitando así á veciñanza a actualización de chaves do DNI e certificados dixitais de forma máis cómoda e accesible.

Este proxecto foi presentado nunha recente reunión en Xinzo de Limia, na que participaron o comisario da Policía Nacional de Ourense, Castor Vázquez, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, o concelleiro Moncho Gómez, e membros da Policía Local de Xinzo. Durante a reunión, destacouse a importancia deste servizo para a comunidade, xa que permitirá axilizar e simplificar trámites fundamentais para a cidadanía.

A instalación do PAD será posible grazas a un convenio entre o Ministerio do Interior, a través da Policía Nacional, e o Concello de Xinzo de Limia. Para formalizar este acordo, será necesario consultalo no pleno local, onde se espera que se aprobe sen contratempos, dada a relevancia e beneficio que supón para as veciñas e veciños.