Xinzo de Limia Anuncios

Xinzo de Limia abre as portas a charlas informativas sobre compostaxe e reciclaxe comunitaria este mes de novembro

Xinzo de Limia acollerá dúas charlas informativas sobre compostaxe comunitario e economía circular, un proxecto da Deputación de Ourense; que se celebrarán os días 21 e 28 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Xinzo. Estas sesións están orientadas a sensibilizar e formar á veciñanza sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar os residuos orgánicos a través de métodos sostibles, contribuíndo a unha economía circular que beneficie tanto ao medio ambiente como á comunidade.

Co obxectivo de coñecer o sentir da cidadanía sobre estas cuestións, leváronse a cabo, durante os últimos días, enquisas porta a porta nas vivendas de Xinzo. Estas enquisas permiten que a veciñanza exprese as súas opinións e inquedanzas, garantindo así unha participación activa no deseño e implementación de iniciativas que teñan un impacto directo nas súas vidas. O proceso de recollida de datos continuará de novo na última semana deste mes de novembro.

As persoas interesadas en participar nas charlas poden acudir directamente á Casa da Cultura os días 21 e 28 de novembro. Adxúntanse os carteis coas convocatorias para máis información.

Datas e localización:

Primeira charla: 21 de novembro, 20:00 horas.

Segunda charla: 28 de novembro, 20:00 horas.

Lugar: Casa da Cultura de Xinzo de Limia

Cartel Día 21
Cartel Día 21
Cartel Día 28
Cartel Día 28