Comezan as obras da rúa da igrexa e da rúa do Peto
As previsións son que finalicen en dous meses
A data do inicio da obra na rúa da igrexa será o próximo luns 19 de marzo. Ó mesmo tempo, e de forma independente, tamén comezarán as obras na rúa do Peto. Estímase que os traballos, levados a cabo por empresas diferentes, finalicen en dous meses como máximo.
Informe favorable do arqueólogo
As ruínas atopadas serán xeolocalizadas.
Tras o informe favorable do arqueólogo, os vestixios romanos a carón da igrexa vella illaranse co obxectivo de mantelos en boas condicións. Protexeranse cunha cuberta de tela especial esixida nestes casos, antes de continuar coa construción da rúa. Como tamén aconteceu con outras restos atopados en outros lugares da nosa vila, xeolocalizaránse mediante coordenadas para posibles usos futuros.