O Alumnado dos centros de Xinzo acudiron tamén a visitar as feiras
Foron recibidos nas dúas sedews da feira pola alcaldesa e concelleiros do grupo de goberno
Do CEIP Carlos Casares foi o alumnado de infantil os que se trasladaron durante a mañá a visitar tanto a feira de produtos na carpa como despois ata o Toural, onde se sorprenderon a maioría do grandes que son os tractores que alí se expoñen.
Tamén dende o CEIP Rosalía de Castro o alumnado de terceiro acompañados polo seu titor visitaron esta vez solo a feira de alimentos , posto que segundo nos manifestou o propio titor a visita a feira de maquinaria , quedou como “deberes” para os pais.
Tamén alumnos do IES Cidade de Antioquía do ciclo de Traballo forestal e Medio ambiente que se fotografiaron co tractor propulsado por gas GLP.