Xinzo de Limia Concello

Amador Díaz solicítalle persoal á Deputación de Ourense

Nunha reunión mantida este mércores, o Concello de Xinzo de Limia solicítalle un técnico de recadación municipal á Deputación de Ourense.
Encontro na Deputación de Ourense
Encontro na Deputación de Ourense

Xinzo de Limia, a 14 de setembro de 2023.  Este mércores, Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, visitou a Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, acompañado polo tenente de alcalde, Antonio Fernández e  polo concelleiro Carlos Gómez.

O obxectivo da reunión foi solicitarlle á Deputación de Ourense que destine persoal técnico para asuntos de recadación municipal no Concello de Xinzo de Limia. Esta petición basease en que na RPT (relación de postos de traballo) da Deputación xa se contempla esta praza que ata o de agora está sen cubrir. Por parte do presidente da Deputación, recóllese esta petición co compromiso de darlle solución á maior brevidade posible.

Segundo sinala Amador Díaz, “por mor da escaseza de persoal e a imposibilidade de contratar, precisamos máis ca nunca esta colaboración técnica, que por outra banda xa se contempla na RPT da entidade provincial”.

No encontro tamén se trataron diferentes temas da axenda de colaboración institucional para mellorar e modernizar Xinzo de Limia, coma por exemplo a Pista da Armada, un dos primeiros grandes proxectos que se efecturá a curto plazo.

Encontro na Deputación de Ourense.
Encontro na Deputación de Ourense.