Aumentan os delitos de fraude por internet e disminuen os otros delitos
Datos achegados na Xunta de Seguridade de Xinzo
Na mañá de onte xoves, reuniuse na sala de Xuntas do concello os 12 membros que compoñen a Xunta Local de Seguridade copresidida polo Subdelegado do Goberno Emilio González e o alcalde Manuel Cabas, e o Xefe Territorial de Presidencia.
Asistiron a mesma responsábeis da Garda Civil, Policía Local, así como a Xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller da subdelegación de goberno así como os xefes de Protección Civil e do parque de bombeiros comarcal. Por parte do goberno municipal participaron na reunión os concelleiros/as de seguridade, Servizos Sociais e Obras.
O subdelegado felicitou aos CCFF pola súa labor en favor da prevención e loita contra a delincuencia. Informou do descenso dos delitos denominados comúns durante o último ano e o incremento dos delitos de novo cuño, cales son os de fraude en internet, polo que se aconsella non facer uso de páxinas non seguras.
DISPOSITIVO DE SEGURIDADE REFORZADO PARA O ENTROIDO
Como último punto da orde do día estaba o plan estratéxico de cara as festas do Entroido. O subdelegado anunciou un reforzo no mesmo con todos os efectivos necesarios para cada día.
Ademais do helicóptero e cans detectores de estupefacientes, haberá membros antidisturbios, non presentes na rúa, pero si preparados para una actuación rápida de ser necesario.
A Policía Local, será a encargada do control de tráfico e de accesos, ademais de todo o referente a intervención rápida. O responsable directo da Policía Autonómica da Xunta de Galicia anunciou tamén a presenza do corpo de seguridade autonómico para reforzar e colaborar coa Policía Local ademais de facerse cargo do control de menores e alcohol.
MAIS EFECTIVOS DE PROTECCIÓN CIVIL
Durante as festas do Entroido os membros voluntarios de Protección Civil de Xinzo, estarán reforzados coa presenza de voluntarios, tamén de Protección Civil de outras provincias.