Xinzo de Limia Concello

O Campus de Verán de Xinzo relanza a aposta decidida do Concello por favorecer a conciliación cun cento de participantes

campus
campus

Co fin de facilitar a conciliación das familias nos meses nos que non hai colexio, O Concello de Xinzo de Limia volveu a organizar o Campus de Verán, para nenas e nenos dende os 3 anos e en horario de 10.00 a 13.30 horas, coa opción Madruga dende as 9.00 horas se é preciso. A iniciativa arrancou esta mañá cun cento de participantes, que ao longo dos próximos días realizarán actividades como xogos deportivos, orientación, sendeirismo, obradoiros, pádel ou piscina, entre outras.

O prezo desta actividade é menor para os empadroados no municipio e os interesados en participar na segunda quincena de xullo aínda poden realizar a inscrición no pavillón de deportes ou na Casa da Cultura.

Nos últimos días, tamén preto de 80 cativas e cativos participaron no Campus de Tecnificación de Fútbol, ao mesmo tempo que se ofreceron os de Baloncesto e Ximansia no pavillón e complexo polideportivo. O primeiro contou con 55 participantes e o segundo con 16.

A programación deportiva de Xinzo de Limia será este verán a máis completa da súa historia, con preto dunha decena de novas propostas, máis aló do fútbol e do baloncesto e nunha aposta decidida por fomentar entre os máis novos os valores de equipo e a convivencia. O Concello colabora na organización do programa coas E.D.C. Xinzo, Limiactiva, Fusion Fitness, Club de Montaña As Catro Torres e A.B.Xinzo.

Estas serán as propostas deportivas para os próximos días:

Torneo de Fútbol 7: 16 de 17 de xullo. E.D.C. Xinzo.

Torneo de Pádel Sénior: 9 e 10 de xullo. E.D.C.Xinzo.

Torneo de Baloncesto 3x3: Mes de xullo. A.B. Xinzo.

Campus de Verán Fundación Celta: Do 1 ao 5 de agosto.

O.C.R. Xinzo de Limia: Setembro. Fusion Fitness.

Campus Salva Arco: do 30 de xullo ao 6 de agosto. A.B. Xinzo.

Ademais, recupérase o XinzoFit, os martes e xoves de todo o Verán na Alameda do Toural e a partir das 20.30 horas.