Xinzo de Limia Concello

O Concello desinfectará instalacións e espazos públicos con 2 vehículos, máquinas vaporizadoras e de ozono

Incorpora ao seu parque móbil unha motobomba de Medio Rural, que adicará a extinción de incendios, tarefas de limpeza, baldeos e desinfección. Adquiriu dúas vaporizadoras de líquido bactericida e viricida e dous xeradores de ozono para empregar nos centros e vehículos municipais.

WhatsApp Image 2020-06-10 at 19.33.29
Elvira Lama e Rafael Penabad, xunto ás máquinas voporizadoras e xeradoras de ozono.

A desinfección, xunto co lavado de mans, son as dúas principais recomendacións para combater o covid-19. É por elo que o Concello de Xinzo está facendo provisión de material para garantir a desinfección, en primeiro lugar, da súas propias instalacións e centros, como os deportivos, biblioteca, conservatorio…, pero tamén dos espazos públicos.

A última adquisición consistiu en catro aparatos, en concreto dous vaporizadoras de líquido bactericida y viricida, ademais de dos xeradores de ozono, empregados para a eliminación de bacterias, fungos e virus, e unha alfombra con zona de desinfección para uso na Casa do Concello.

O Concello tamén adicará a labores de desinfección a motobomba que acaba de recibir da Consellería de Medio Rural, neste caso para actuar en espazos públicos ao aire libre. Este vehículo, que tamén se destinará a labores de extinción de lumes, ten unha capacidade de 3.500 litros, que multiplica por 7 a da pickup municipal empregada ata o de agora para estas tarefas. 

A motobomba xa se incorporou ao parque móbil municipal, adscrito á brigada de medio ambiente, e alternará os traballos de desinfección cos de limpeza, baldeo de rúas e extinción de incendios.