Xinzo de Limia Concello

O Concello dota ao CEIP Carlos Casares dun novo almacén e atende así unha vella reivindicación do centro

almacén
almacén

Nun lateral do pavillón semicuberto do CEIP Carlos Casares construíu o Concello de Xinzo unha caseta que aliviará os problemas de espazo do centro educativo, xa que se empregará como rocho. A instalación, de máis de 60 metros cadrados, era unha vella reivindicación da dirección, xa que se empregaban outras dependencias para acumular útiles. O executivo local investiu un total de 8.482 euros nesta actuación. A alcaldesa, Elvira Lama; o concelleiro de Infraestruturas, Rafa Penabab, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, visitaron a nova instalación.