O Concello entrega os premios do concurso de balcóns e xanelas co que se homenaxeou ao persoal sanitario
As gañadoras do certamen, que terá continuidade, recibiron vales por importe de 520 euros para mercar en comercios e hostalería da vila.
As gañadoras do primeiro concurso de embelecemento de balcóns en xanelas recibiron o seu premio, que lle foi entregado pola alcaldes de Xinzo, Elvira Lama, acompaña no acto polos concelleiros de Cultura, Ramiro Rodríguez, e o de Infrestruturas, Rafa Penabad.
Consistiu, como xa estaba recollido nas bases, en cheques de compra por importe de 100 euros para gastar no comercio e a hostalería locais. Pero ademais, cada una das 4 gañadoras recibiu outro vale por importe de 30 euros para investir en plantas e produtos de xardinería de Xardín da Limia, unha colaboración desta empresa que agradeceron tanto as premiadas como o propio concello.
As gañadoras deste concurso foron María Carrera e Marina Pousa, na sección vila, e María Freiré (Boado) e María Losada (Morgade), na sección de pobos.
Durante a entrega dos premios, Elvira Lama puxo en valor o esforzo e o traballo feito por estas mulleres e animou a tódolos veciños e veciñas a que participen en vindeiras edicións, garantindo así a continuidade dunha iniciativa que se realizou por primeira vez.
O concurso expúxose inicialmente como unha contribución ao embelecemento da vila e os seus pobos, convertendo as rúas en espazos saudables, si ben logo tivo que aprazarse por mor do confinamento. Unha vez rematada a desescalada, o goberno local decidiu retomalo, dándolle ademais un xiro ao presentalo tamén como unha forma de render homenaxe aos sanitarios da vila, substituíndo así por flores os aplausos das 8 da tarde que soaron cada día durante os peores momentos da pandemia.