Xinzo de Limia Concello

O Concello inxectará por diferentes vías 300.000 euros a comercio e hostalería para paliar a crise

Alternará axudas directas a negocios que cesaron a actividade con exención de tasas a todos e incentivos ao consumo local.

 

 

WhatsApp Image 2020-09-15 at 16.39.52
Pleno municipal.

O Concello de Xinzo adicará uns 300.000 euros á atallar os efectos que a crise sanitaria e económica están a provocar tanto no comercio local como na hostalería.  Para elo recorrerá a diferentes fórmulas, que van dende as axudas directas a exención de impostos ou incluso aos incentivos para mercar e consumir na vila durante o próximo mes de decembro e especialmente no Nadal.

Así o anunciou a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, durante o pleno extraordinario que tivo lugar hoxe, despois de adicar o resto da semana a unha análise pormenorizada e en profundidade da situación económica da entidade local xunto ao concelleiro de Promoción Económica, Manuel Pérez.  

Como primeira medida, o Concello está a elaborar as bases que rexeran a concesión de axudas directas por un montante total de 80.000 euros aos autónomos da vila que cesaron a súa actividade durante o Estado de Alarma decretado polo Goberno central o pasado 14 de marzo ou ben o fixeron agora en base á Orde da Xunta de Galicia do 4 de novembro, que afectou principalmente ao sector da hostelería.  

No pleno de hoxe tamén se deixou sen efecto a Ordenanza de mesas e cadeiras en vía pública para o ano 2021, igual que xa se fixera con anterioridade para o ano 2020. En total, supón un importe de 50.000 euros que os hostaleiros da vila non terán que abonar por esta taxa entre os dous anos (25.000 por cada un).

Outra das medidas nas que está traballando o goberno local é a de deixar sen efecto a taxa do lixo dos diversos establecementos comerciais e de hostaleira da vila, que se paga en función da superficie e que supón un importe aproximado de 120.000€. Esta exención aplicaríase no vindeiro ano, previos informes (xa solicitados) da Deputación, que é a institución na que o Concello ten delegado este servizo. O custe sería asumido polo propio Concello nos orzamentos de 2021.

Outra das liñas de axuda consiste en incentivar as compras e o consumo na vila durante este Nadal totalmente atípico cunha campaña específica. Con este obxectivo, o Concello destinará 16.000 euros a súa difusión e ao sorteo de 3.300 euros á semana en cheques de compra entre os clientes dos establecementos  que se adhiran á campaña.

O Concello tamén acordou devolver de oficio as taxas abonadas polos vendedores ambulantes correspondentes ás feiras que non se puideron realizar debido o Estado de Alarma e as que foron suspendidas por decreto da Alcaldía, así como aquelas que non se celebraron polo peche perimetral do municipio dende o pasado dia 7 de novembro. Esta devolución suporá, en total, entorno a 25.000 euros.

O importe total das axudas, que chegarán a través de diferentes fórmulas e vías, rondará os 300.000 euros, que servirán para paliar unha parte das nefastas consecuencias que a pandemia está a producir no sector comercial e empresarial da vila. 

“Un gran esforzo económico para unha administración que como saben todos os veciños e veciñas da vila non goza dunha boa saúde orzamentaria como consecuencia da xestión dos últimos anos, pero que non escatimará esforzos para priorizar as axudas ao tecido comercial e hostaleiro, que son un piar fundamental na nosa economía local”, explica a alcaldesa, Elvira Lama. “Na medida das nosas posibilidade, as administracións temos a obriga de axudarlles a superar esta difícil situación para que cando recuperemos a normalidade podan seguir traballando e aportando emprego e riqueza ao noso concello, tal e como estaban a facer ata o inicio da pandemia”, engade.