Xinzo de Limia Concello

O CONCELLO PÍDELLE AOS FEIRANTES QUE DEBEN CUMPRIR COAS OBRIGAS DE LIMPEZA NOS POSTOS DA FEIRA

Un novo bando advirte que o incumprimento destas obrigas pode dar inicio a expedientes sancionadores
candy-concello

Na primeira feira do ano 2020,  a do 14 de xaneiro, o Concello de Xinzo reitera mediante un bando da Alcaldía, as obrigas que teñen os feirantes que se instalan nas  feiras do 14 e 27 de cada mes en Xinzo de Limia.

Como en anteriores ocasións mediante un bando comunicase a tódolos  vendedores que deben cumprir coa ordenanza reguladora da venda ambulante e contribuír a limpeza  de  cada posto e da zona circundante durante o exercicio da actividade e ó finalizar a mesma, baixo de advertencia de que si non se procede deste xeito no resto das feiras do ano, poderanse iniciar denuncias por parte da policía local.

“O motivo desta medida obedece a  que todos deben contribuír para deixar os espazos públicos nas mellores condicións de limpeza, o lixo recollido en bolsas axeitadas e o cartón pregado para que os traballadores das brigadas de limpeza fagan mellor e mais efectivo o seu traballo. Cando o lixo queda  sen recoller e esparexido por todo o recinto feiral acaba nos parques ou nas marxes e  mesmo no canle do río”. Di a alcaldesa Elvira Lama.

Xa no pasado mes de agosto se lles pedira a tódolos feirantes que debían cumprir coas boas practicas e  as obrigas enumeradas na ordenanza, e  así se fixo nunha das feiras. Co paso do tempo vólvense a repetir episodios de abandono e deixadez, por parte de algunhos vendedores, motivo polo cal se lles advirte  de que na ordenanza están contempladas sancións para faltas leves que van de 100 a 200€, e en casos de reiteracións no incumprimento da mesma, poden chegar a retirada da licenza da venda ambulante, previa incoación do expediente sancionador.

“Esperamos contar coa colaboración e comprensión de tódolos vendedores para non ter que aplicar as mencionadas medidas. Mais debemos entender que o lugar que se ocupa cos postos da feira debe quedar co lixo recollido, para facilitar a limpeza como ocorre noutras vilas”.Remata a alcaldesa.