O Concello repara a fonte da praza Carlos Casares, que leva arredor dunha década sen funcionar
O Concello de Xinzo de Limia ultima o arranxo da fonte da praza Carlos Casares, que leva arredor dunha década sen cumprir a súa función ornamental. Os traballos céntranse na reparación do motor e está previsto que a instalación, con cinco chorros de auga, se poña en funcionamento en canto estes rematen.
![fuente](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2021/04/30/2021043000124999473.jpg)