Continua a alerta laranxa en toda a Limia durante o fin de semana
Continúan os riscos de inundacións
A alcaldía de Xinzo lembra a todos os veciños e veciñas do concello que durante esta fin de semana seguimos en alerta LARANXA polo que continúan os riscos de que teñamos aínda máis inundacións e desbordamentos dos nosos rios.
É por iso que debido á situación xa actual de corte de vías, pistas e estradas limitemos o uso dos coches ao mínimo imprescindible, e sempre extremando as precaucións. Para calquera incidencia chamar aos servizos de emerxencia do 112 para canalizar todas as axudas necesarias municipais e supramunicipais que fosen necesarias.
Enlace coa páxina de EMERXENCIAS DE GALICIA