Convocado pleno urxente para mañá xoves ás 14:00
O motivo do mesmo segundo consta na convocatoria urxente e dar conta do escrito de renuncia da concelleira do PP Monserrat Lama Novoa.
O primeiro punto do orde do día será a aprobación do carácter de urxente da sesión, e o segundo a toma de coñecemento do escrito de renuncia de Montserrat Lama Novoa de data 20 de febreiro de 2019 que foi recibido na Secretaría Municipal en data 20 de febreiro de 2019, e posterior remisión da certificación da Acta deste Pleno á Xunta electoral Central, para que expida a credencial acreditativa do candidato seguinte da lista electoral que concorreu nas últimas Eleccións Locais polo Partido Popular.