Rematou a primeira Feira ALIMAGRO 2019 cunha satisfacción absoluta
A pesar de que hai moito que traballar para edicións posteriores, todos os asistentes recoñecen o éxito desta proposta do concello de Xinzo de Limia
Na súa primeira edición, ALIMAGRO 2019 tivo unha grande acollida tanto por parte do público, procedente de Xinzo e de toda a comarca, como dos expoñentes que participaron nas diversas ofertas que brindaba esta feira.
O concelleiro de medio natural, Amador Díaz, amosou a súa satisfacción a pesar de remarcar a necesidade de cambiar certos aspectos, probablemente coa elaboración dun cuestionario de valoración. Sen embargo, deixou claro que ían a intentar mellorar todo o que se poida. De cara a posteriores edicións, deulle moita importancia ás xornadas formativas e ao carácter anual que, dende a súa perspectiva, debería ter a feira gastronómica.
Estas declaracións foron apoiadas polo concelleiro de promoción económica e facenda, Manuel P. Campos, que destacou a valoración positiva do público que acudiu neses catro días, visión que comparten coa presidenta de ADEGAL. Ademais, fixo fincapé tamén nas relacións forxadas entre as empresas participantes e a crenza de que nun futuro pode ser incluso mellor.
Pola súa banda, algúns colaboradores da feira como David Quenlle ou Pablo Fernández Limia destacaron a resposta do público como moito máis positiva da esperada, a pesar das datas nas que tivo lugar, tema de diversidade de opinións. Sobre isto, Manuel P. Campos, asegurou que “valorarase, pero non é nada fácil un cambio de datas posto que se fai coa expectación de que a pataca se valorice e para iso ten que coincidir coa recolleita do produto xa feita”. Ademais, remarca tamén a afluencia de entre 5.000 e 10.000 persoas aos establecementos para probar os pinchos deste produto.
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, amosou o seu agradecemento aos asistentes, veciños e incluso colexios da zona, que acudiron pesar das inclemencias do tempo, e aos expositores por participar neste primeiro evento importante da nova corporación do concello de Xinzo.
Ferira da Maquinaria
Moito público na mañá e primeiras horas da tarde no recinto que permanecía aberto da maquinaria agrícola onde dos seis tractores que se presentaban a cualificación de DESTACADOS. Para esta elección os propios técnicos miraban non solo a ficha técnica, se non a adaptabilidade as necesidades da Limia e as novidades que presentan, sempre de cara ao mercado da Limia. En ningún caso a súa puntuación dependeu do tamaño, nin dos CV.
Foron entregados os premios a maquinaria e o tractor máis DESTACADOS.
No tocante a maquinaria a gañadora foi unha cosechadora que prepara o terreo para a semente e a vez na parte de atras xa vai facendo a semente. A máquina conta con sensores para sementar dende os 5 ata os 30 Cm de fondo. O seu prezo no mercado supera os os 55.000 € IVE aparte. Pode preparar e sementar entre unha e unha e media hectáreas cada hora. A marca é BASELER e fabrícase en Holanda.
O premio ao mellor tractor foi para un FEND, 720 co seu apodo Profi Plus que supera en valor os 220.000 € IVE INCLUIDO . Entre as novidades que presenta é unha caixa de cambios que permite ir dende 0,01 Km/h ata os 50 Km sempre de 0,1 en 0,1.
Na cabina leva un panel de mandos táctil que é capaz de manexar o tractor, incluso dar a volta nas leiras sin que o agricultor deixe de ler a prensa. Sempre localizado e dirixido por GPS.