Declaración Institucional do Concello no Día Internacional do Orgullo LGTBI 2020
![declaración-institucional-28X-2020](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2020/06/28/2020062813205347199.jpg)
"A homofobia e a transfobia son dúas formas de discriminación que non deben ter cabida nos nosos pobos, vilas e cidades, nin en ningún ámbito da nosa sociedade, por atentaren contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos que deben sustentar calquera sociedade democrática e plural.
A Corporación Municipal de Xinzo de Limia recoñece explícita e publicamente que os dereitos das persoas LGBT son dereitos humanos e que a diversidade sexual debe contemplarse como un dereito básico en calquera ámbito da vida".