Demostración in situ, coa posibilidade de adquisición por parte do Concello
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2019/07/22/2019072217104673128.jpg)
Elvira Lama e os concelleiros de Medio Rural e Servizos Públicos Estruturais Amador Díaz e Rafa Penabad, desprazáronse esta mañá ata Trandeiras, onde estaba a traballar unha desbrozadora da Deputación que ten acoplado ao “brazo” un cabezal con discos para poder facer unha poda e limpeza dás árbores e setos, moito máis limpa e ecolóxica.
O concelleiro Amador Díaz explicoulle a alcaldesa o funcionamento e solicitou da alcaldesa que faga as xestións de cara a acadar un destes cabezais, que se lle poden acoplar a calquera das tres últimas desbrozadoras que xa ten o Concello, podendo facer máis traballo e menos tempo.
Aínda que nestes momentos as arcas municipais non teñen partida orzamentaria para a súa adquisición, tratará de solicitala a outra administración, posto que como todos saben o Concello ten moitos quilómetros de pistas, e para as de concentración, sobre todo, sería moi aconsellable, por eficiencia e rapidez.