Día do Libro 2021: Campaña “Mil libros, mil aventuras!”
Preme aquí para consultar as bases ou ben entra nesta información.
As finalidades desta campaña son fomentar a lectura, a divulgación, a participación e a interacción nos perfís nas redes sociais das contas do Concello con motivo do Día Internacional do Libro.
PRIMEIRA. Participantes
Poderán participar todas as persoas cun perfil real que sexan seguidoras de algunha das contas nas redes sociais do Concello de Xinzo:
▪ Facebook: @xinzodelimia
▪ Twitter: @xinzoconcello
▪ Instagram: @cultura_de_xinzo
O período de participación será entre os días 16 e 25 de abril de 2021.
SGUNDA: Mecánica da campaña
Os/as participantes deberán colgar un “post” en calquera das redes sociais indicadas anteriormente co seguinte contido:
-
Unha foto orixinal da capa do seu libro favorito, ou un “selfie” co libro nas mans. Non se admitirán fotos descargadas de Internet e o título do libro deberá ser claramente visíbel.
-
Acompañarase a foto cun texto, frase, mensaxe ou lema animando á lectura.
-
O post será etiquetado co cancelo #DíadoLibroXinzo2021 e farase mención á conta do Concello da rede social correspondente.
Con todas as mensaxes participantes nas tres redes sociais realizarase un mural para expoñer na Casa da Cultura.
TERCEIRA: Premios
Como agradecemento por participar nesta campaña sortearanse tres lotes de libros entre os participantes de cada unha das redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).
O sorteo realizarase cunha ferramenta automatizada ao efecto e os resultados colgaranse na web do Concello e publicaranse nas redes sociais.
Os premios serán comunicados por mensaxe directa privada ás/aos gañadores/as e solicitaránselle, por este mesmo medio, os datos persoais para publicar a relación definitiva de premiados/as. Será obrigatorio facilitar os datos requiridos para poder recibir o premio, en caso negativo realizarase un novo sorteo.
CUARTA. Difusión e publicidade
Os/as autores/as, mediante a aceptación destas bases e a participación na campaña, dan o seu consentimento para a publicación das súas obras e ceden todos os dereitos de reprodución por calquera sistema, distribución en calquera formato e comunicación pública a través de sistemas telemáticos e dixitais.
QUINTA. Aceptación das bases
A participación na campaña implica necesariamente a aceptación previa, íntegra e incondicional das presentes BASES por parte dos/as participantes.
Calquera circunstancia non prevista nestas bases será resolta pola Concellaría de Cultura do Concello de Xinzo de Limia.