Elvira Lama acompañada do 1º Tenente de alcalde Amador Díaz, recibiron aos representantes de ADEGAL
Reunión cunha asociación que entendemos altamente representativa dun colectivo estratéxico para esta comarca.(Elvira Lama)
![IMG_20190704_111334](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2019/07/04/2019070421054389499.jpg)
Foi unha toma de contacto para escoitar as súas necesidades que afectan é repercutirán directamente nos veciños da comarca e por “ende” aos veciños do noso concello.
O primeiro do que falamos foi o do regadío, tendo pendentes varios. Cuestión que teremos que traballar conxuntamente coa Xunta de Galicia , coa Confederación e co Goberno Central. O problema de regadío é básico para a subsistencia deste sector, repito , tan importante para a economía do noso concello. Temos que darlle solución case de inmediato.
Tamén se abordou o tema da gandería no que, ou nos pomos todos xuntos a tratar de arranxalo, ou se non, NON se soluciona. Neste senso manifestáballe aos presentes, que non é o mesmo ir aos organismos oficiais, a alcaldesa e o Tnte. de alcalde solos, que ir apoiados e acompañados por unha asociación como ADEGAl, con toda a forza que ten detrás.
Nós vamos estar aí, porque a problemática da Limia ten que ser solucionada co apoio de todos, non solo neste caso o noso concello, se non de todos os da comarca, xunto coa administración autonómica, e estatal, ademais das autoridades como o Seprona.
A Alcaldía e o novo equipo de Goberno queren un desenvolvemento sostible do medio rural.