AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL
Elvira Lama reuniuse co xerente de XESTUR-Sur
Na mañá de hoxe a alcaldesa Elvira Lama acompañada do concelleiro de Facenda e Promoción Económica Pérez Campos recibiu no despacho da alcaldía ao xerente de Xestur -Sur- Argimiro Marnotes.
CALENDARIO DE PAGOS DA EXPROPIACIÓN E LIBRO DE RUTA
A falta de comunicación oficial escrita o Xerente comunicou verbalmente que os cartos para pago das expropiacións xa está consignado e que se non hai ningún problema citarase aos propietarios para facer efectivo os pagos entre o día 10 e 12 de decembro en horario de 09:30 a 12:00 nas oficinas do Concello.
Para aqueles que os terreos cuxos titulares xa non poidan recibir os pagos, estes quedarán en deposito en Facenda ata que os herdeiros poidan demostrar a súa herdanza.
A partir dese momento e a expensas dos últimos retoques no proxecto farase a licitación das obras e a execución das mesmas para poder poñer a disposición de empresarios os terreos, cuestión que Elvira Lama espera que sexa o antes posible.