Elvira Lama: “Somos a comarca de España máis mecanizada”
Abriuse a feira de maquinaria no parque do Toural dentro de ALIMAGRO 2019
48 horas despois da inauguración da 1ª Feira do Agro da comarca da Limia, atópase neste recinto as mellores maquinarias que atesouran a calidade dos produtos da zona, manifestou no propio recinto o concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz a vez que presidente da asociación de productores de pataca.
En palabras do vicepresidente da Deputación e presidente do INORDE (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), Rosendo Fernández, existe un compromiso total con este sector estratéxico. Dende o asentamento do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, estase dotando á Limia das máis novedosas estruturas e maquinarias.
Amador Díaz, agradeceu durante este encontro a doazón que a Deputación Provincial achegou á Asociación de produtores de pataca da Limia, dunha máquina valorada en 90.000 euros. Esta maquinaria permitirá aos concellos acondicionar as súas pistas agrícolas a maior velocidade e con mellor eficacia.
Pola súa banda, a alcaldesa, Elvira Lama, agradeceu a súa participación a todos os concesionarios da zona, destacando o investimento que supón esta acción para eles e animou á poboación a achegarse a disfrutar desta feira que, ao igual que á da pataca, inaugurada o pasado 19 de novembro, supón unha iniciativa para que a xente queira vivir en Xinzo e teñan un proxecto vital nesta comarca.
TODAS AS FIRMAS DE MAQUINARIA CON SEDE EN XINZO ESTÁN PRESENTES NA FEIRA
Dez son as firmas que están presentes na alameda do Toural participando na feira da maquinaria agricola. Todas estas firmas presentan na mesma, as últimas novidades do sector, sobre todo tractores de última xeración con valores dende os 100.000 a 150.000 € por unidade. A maioría dos presentes de última xeración poden traballar na finca de maneira autónoma controlados via satélíte. Tamén está presente na feira un tractor propulsado con gas GPL.