Exposto o censo electoral para a súa consulta
Estará a disposición para reclamacións ata o día 7 de outubro
A través do presente (BANDO) comunícase aos vecinos/as deste concello que poderán consultar as listas do censo electoral entre os días 30 de setembro e 7 de outubro 2019, ambos inclusive, para comprobar a exactitude dos datos e realizar, no seu caso, as reclamacións que estimen oportunas. Para elo deberán dirixirse á Oficina do Padrón Municipal, sita na 1ª planta da Casa do Concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas