Xinzo de Limia Concello

Os festivos locais de Xinzo de Lima serán o martes de Entroido e o día de Santa Mariña, 18 de xullo

Os festivos locais de Xinzo de Limia para o próximo ano 2023 volverán a ser o martes de Entroido, 21 de febreiro, e o día de Santa Mariña, 18 de xullo. Así se decidiu por unanimidade no pleno ordinario celebrado esta mañá. Este foi un dos primeiros puntos da orde do día, que deu paso á aprobación, tamén co apoio de todos os grupos políticos, dun suplemento de crédito con cargo ao superávit para subvencións e co fin de emendar un erro no Orzamento de 2022. Así, o crédito inicial consignado resulta que foi de 50.000 euros cando no anexo de subvencións cífrase en 75.000 euros, polo que é necesario suplementar eses 25.000 euros de diferenza.

Tamén se aprobou por unanimidade o punto relativo ao recoñecemento extraxudicial de crédito para o pago de facturas pendentes dos anos 2021 e 2020 e o suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente do 2021.

Ao pleno de hoxe tamén se levou un reparo suspensivo de 164.000 euros, aprobado por unanimidade de todos os grupos. Trátase de diferentes facturas de servicios xa prestados. O montante máis elevado, como consecuencia do incremento da enerxía, correspóndese co subministro de gas para distintas dependencias municipais, como a piscina ou a gardería, Casa do Cultura, Casa Consistorial ou Conservatorio. Elvira Lama asegurou que non comparte o reparo da intervención, pero que acata a decisión. Segundo a rexedora, “a maioría dos concellos de Galicia viven unha situación económica parecida polo incremento dos prezos das enerxías e as subministracións, agravada no caso de Xinzo polo plan de axuste do 2012 herdado, cando neste concello debíanse entorno aos 10 millóns de euros, cun 175% de endebedamento”. “A día de hoxe -engadiu a alcaldesa-  o endebedamento está entorno ao 34,2 %, cumprindo escrupulosamente o plan de axuste pese ás dificultades. De feito, xa non debemos ni un só euro do 2021 despois aprobar hoxe un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 6.874 euros para pago de facturas de anos anteriores”.