Manuel Cabas participou na reunión anual de Voluntarios de Protección Civil da provincia
Celebrouse en Celanova o sábado pasado.
O sábado o Claustro do Mosteiro de Celanova, foi o escenario no que se reuniron mais de 50 agrupacións de voluntarios da provincia de Ourense. Máis de 400 compoñentes das asociacións de voluntarios participaron nos talleres que se levaron a cabo durante toda a xornada.
No primeiro deles participou a UME (Unidade Militar de Emerxencia) cun taller sobre incendios forestais. Por grupos os asistentes participaron tamén en talleres sobre accidentes, Velutinas, sinalizacións de accidentes de tráfico e sinalizacións de rallys.
Despois da comida de confraternización, onde participaron a maioría dos responsables das agrupacións fóronlle entregadas medallas e distincións a varios voluntarios que destacaron polos seus traballos.
Manuel Cabas, alcalde de Xinzo, participou ademais de por ser o alcalde de Xinzo, por ser o responsable da agrupación de Xinzo, que foi unha das máis galardoadas da provincia.