Xinzo de Limia Concello

María Dolores Calvo, sustitue temporalmente ao alcalde

Manuel Cabas, recen nomeado alcalde tivo que viaxar con urxencia a Barcelona

IMG_20180827_134417
Mª Dolores Calvo

Mª Dolores  Calvo, converteuse hoxe a mañá en alcaldesa de Xinzo unha vez que o recentemente nomeado alcalde Manuel Cabas, tivo que desprazarse ata Barcelona, lugar de residencia dos seus país por un asunto familiar.

Segundo nos comunica a “alcaldesa” espera que este venres, o mais tardar o luns xa este incorporado ao seu posto.

No seu primeiro día como alcaldesa “accidental” despachou temas de rutina da alcaldía, e recibiu varias visitas de pedáneos . Recordar que esa é precisamente a concellería que ela leva dende  a lexislatura anterior, polo que son visitas as que está habituada.

Tamén recibiu o Presidente da Cruz Vermella, que xa fixera unha visita co anterior alcalde co gallo da organización dunha concentración de voluntarios que se levará a cabo nos vindeiros meses.

E como non podía tampouco faltar, recibiu escrito dun  membro da oposición informando da situación do alumeado dunha das rúas de Xinzo, o cal deu orden a empresa concesionaria dese servizo para o seu arranxo inmediato, cousa que farán esta mesma tarde, segundo lle comunicou  a empresa.