MINUTO DE SILENCIO
Antonio Pérez , alcalde de Xinzo tomo a palabra para mostrar a repulsa cara a os feitos de violencia de xénero acaecidos nesta última semana, tanto en Galicia, como no resto do territorio español.
En nome propio, da corporación e do pobo de Xinzo solicitou das autoridades pertinentes un esforzo aínda maior do que xa sabe que se están a facer para erradicar dunha vez esta lacra que foi nos pasados anos, pero que parece que quere continuar sendo a do ano 2017.
A continuación gardouse un minuto de silencio con tódolos presentes en memoria de tódalas vítimas.