Homenaxe a María del Valle e Salud Torres
Necesitaríamos toda unha vida para render homenaxe a estas dúas mulleres, dobremente vítimas, polas súas ideas, pero tamén pola súa condición de mulleres
Elvira Lama e José Alverto Martínez participaron esta mañá nos actos de homenaxe ás dúas mulleres de Mosteiro de Ribeira que foron vítimas da represión Franquista no ano 37, sendo asasinadas e deixadas na cuneta, ata que veciños do pobo as recolleron e as trouxero para o cemiterio.
Amigos e familiares estiveron acompañados de membros da asociación ARMH así como por ilustres como Santiago Álvarez ou Alonso Montero.