As mulleres participantes nos programas Hypatia e Rosalía visitaron empresas punteiras e coñeceron as necesidades do mercado laboral
Unha trintena de mulleres participantes nos programas Rosalía de Barbadás e Hypatia, que se levou a cabo en Xinzo, Vilar de Barrio e Sandiás, visitaron esta mañá unha planta do Grupo Revi, na cidade de Ourense. Da man da responsable do departamento de Recursos Humanos, do xefe de planta e dunha enxeñeira coñeceron de primeira man a actividade desta empresa punteira, completando así a formación que recibiron nos programas nos que participaron dende hai semanas e nos que atoparon apoio para definir o seu proxecto profesional. Un dos principais obxectivos é a inserción laboral, polo que o asesoramento das expertas dirixiuse a mellorar as súas habilidades para buscar emprego.
Durante a visita a esta empresa punteira do sector eléctrico, as mulleres tiveron a posibilidade de completar a súa formación destinada a definir o seu proxecto profesional, incidindo na información sobre as profesións con máis posibilidade de inserción laboral.
Sesións formativas e de asesoramento nas últimas semanas
No programa Hypatia que se desenvolveu en Xinzo, Vilar de Barrio e Sandiás as sesións dedicáronse a analizar o entorno laboral e a realizar unha análise das súas habilidades, formación e características persoais de cara a atopar emprego. Deste xeito, cada participante, analizando tamén o entorno da Limia xunto ao seu perfil profesional, xa conta cunha pequena descrición que inclúe o que o mercado laboral pode ofrecer e un conxunto de posibilidades para o emprego.
As mulleres participantes traballaron no aprendizaxe de estratexias para atopar as ofertas de emprego máis frecuentes na Limia e Ourense, reforzando habilidades de comunicación, ensaiando e simulando entrevistas de traballo e outras habilidades para afrontar un proceso de selección, segundo os tipos de entrevista e as fases de cada unha delas.
O autoemprego abordou os nichos máis relevantes da comarca, os requisitos, as axudas e recursos públicos, especialmente aqueles destinados a mulleres, e se fixo asesoramento técnico para o deseño de proxectos de emprendemento empresarial.
Hypatia chegou á comarca limiá nun momento de dificultades e desafíos sociais e económicos para a zona, e presenta as políticas públicas de igualdade como elemento nuclear e imprescindible para a recuperación despois de anos moi complicados.
As actividades e accións do programa complementáronse con asesoramento especializado especialmente laboral, coa elaboración de itinerarios de inserción laboral e con visitas e empresas e a boas experiencias de emprendemento e autoemprego.