O Nadal máis atípico será o que conte con máis iluminación e decoración para incentivar o consumo local
O Concello distribuirá casetas navideñas, renos, trineos ou bonecos de neve por toda a vila, ademais de árbores e bolas de Nadal, para incentivar as compras no comercio e na hostalería locais. O obxectivo do goberno municipal é mitigar o impacto que a crise está a ter na economía da vila, incentivando o consumo local. Os 120 establecementos adheridos á campaña sortearán cada semana entre os seus clientes 3.300 euros, que deberán reinvestir nos mesmos negocios que participan na iniciativa.
O Nadal será distinto este ano en Xinzo, pero non so pola pandemia e as limitacións ás que obriga, senón tamén pola ambientación e decoración das rúas e espazos públicos da vila, que lucirán como nunca, así como pola campaña para incentivar as compras locais.
O Concello de Xinzo afronta este próximo Nadal con dous obxectivos: por un lado, o principal, preservar a saúde todos os veciños e veciñas despois dunhas semanas difíciles de restricións máximas; por outro, mitigar o negativo impacto económico da crise sanitaria nos negocios do municipio.
Para elo deseñou unha serie de accións que foron presentadas hoxe pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e os concelleiros das diferentes áreas implicadas: Ramiro Rodríguez, Manuel Pérez, Rafa Penaba e Ramón Gómez. Á presentación tamén asistiron representantes de Prolimia, a asociación de comerciantes, e da recentemente creada asociación de hostaleiros, que amosaron así o seu apoio as iniciativas municipais.
Hoxe mesmo se producirá o acendido da alumeado, que constará de máis elementos que nunca, arredor de 120, entre arcos, cortinas de micro-lámpadas e árbores, repartidos por a vila, así como por todos os pobos do rural.
Pero a maior novidade deste ano chega da man da decoración estática a pé de rúa, repartida tamén por toda a vila e froito da colaboración entre as concellerías que dirixen Rafa Penabad e Ramón Gómez. En total serán 56 casas navideñas, 8 bonecos de neve, 6 trineos, 24 renos, 2 locomotoras, 26 bolas de Nadal, 6 construcións murais sobre madeira e un cento de caramelos de Nadal. Preto de 230 elementos que unidos aos da iluminación tinguirán Xinzo dun ambiente navideño como nunca tivo, cun único obxectivo: dinamizar un Nadal atípico para que a economía do pobo se resinta o menos posible e mesmo o comercio e a hostalería recuperen parte do quebranto producido polos peches e limitacións dos últimos meses.
Por iso que, dentro desta estratexia de dinamización, uno dos pratos fortes da programación de Nadal impulsada polo Concello é a campaña que pretende estimular as compras en Xinzo, á que se adheriron 120 establecementos, entre comercios e hostalería.
“Os comercios e negocios de Xinzo necesitan hoxe, máis que nunca, que as nosas compras as fagamos no pobo, porque teñen de todo, e si algo non teñen seguro que podemos esperar para que o pidan”, explicou Elvira Lama na presentación da programación de Nadal ante os representantes da hostalería e o comercio local.
Lama Fernández fixo un chamamento a mercar en Xinzo: “Amazon ou incluso Inditex e outros xigantes nin crean riqueza no Concello, nin dan traballo aquí, nin pagan impostos en Xinzo. Nesta crise podemos e debemos axudar aos nosos comercios, a nosa hostaleira, que leva un mes pechada, e as empresas de aquí que abren as súas portas cada día con gran esforzo”.
Esta campaña comeza o luns da próxima semana. E a partir de entón, entre os clientes dos establecementos adheridos sortearanse cada semana 3.300 euros, o que segundo Manuel Pérez, concelleiro de Promoción Económica, son os premios de maior contía da historia da vila nunha campaña deste tipo. Os gañadores deberán reinvestir os premios nos locais que se sumaron á campaña.
Pola situación sanitaria, e sobre todo pola necesidade de preservar a saúde dos veciños e veciñas, o concello decidiu suspender todas as actividades habituais do Nadal en Xinzo, como a cabalgata ou os concertos, que serán substituídos, segundo explicou o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, por unha alternativa virtual.
Esta alternativa consistirá en facilitarlle a todos os nenos e nenas da vila un contacto directo por vídeo-chamada coa personaxe que elixan: Apalpador, Papa Noel ou Reis Magos. O único requisito é dispor dun teléfono móbil con whatsapp (que incluso llo facilitará o Concello a quen non o teña) e inscribirse antes do 17 de decembro para recibir a chamada do Apalpador ou Papa Noel e antes do 29 de decembro para que sexan os Reis Magos quen chamen (máis información no teléfono 641 585 245 ou na web http://nadal2020.xinzo.gal/).