Xinzo de Limia Concello

“Nova campaña de concienciación de limpeza da vila de Xinzo”

Xinzo limpo en marcha” está na túa man”

Despois de acometer unha campaña de limpeza deseñada dende o minuto un por parte do novo grupo de goberno, e previa a celebración das festas patronais, fíxose a limpeza e desinfección das rúas do casco vello conxuntamente con actuacións paralelas nos barrios de Xinzo e tamén nas pistas de aceso ao casco urbano,  co persoal das brigadas de medio ambiente e obras do cConcello, ao cal a alcaldesa quixo agradecer publicamente o seu traballo e esforzo.

Unha vez rematada esta campaña, quérese poñer  outra campaña , esta vez de concienciación cívica dirixida a motivar a todos os veciños e veciñas para que colaboren en manter limpo os espazos públicos pero  ademais colaborar con calquera acción de ornamento de espazos privados que redundarán nunha mellor imaxe do noso pobo.

Para elo estanse a colocar carteis nas papeleiras das rúas  nos espazos públicos mais céntricos, facendo a continuación nos distintos barrios de Xinzo, así como nos pobos.

CATRO TIPOS DE CARTAZES

Con cores rechamantes, cada un deles fai referencia aos distintos residuos que temos que depositar nos seus lugares correspondentes, fomentando ese hábito.

O  primeiro, de plásticos, coincidindo  coa campaña que se está a levar a nivel mundial.

Os outros cartees fan referencia ao depósito de lixo de cabichas, gomas de mascar, para os que se van a instalar uns bonitos recipientes que en próximas semanas estarán postos, así como os de recollida de excrementos das mascotas.

Esta última está dirixido especialmente aos donos das mascotas para que se “dignen” a recoller os excrementos para que os demais veciños, non teñamos que ir sorteando os obstáculos, ademais dos malos cheiros.

De cara as cabichas, instalaranse máis cinseiros polas rúas e prazas, solicitando tamén aos propietarios dos establecementos hostaleiros,  para que cumpran a normativa existente, e ademais de cumprir coas outras normas de limpeza, poñan en cada mesa o seu cinseiro.

Esta mesma semana membros da policía local repartiu un bando por todos os establecementos para recordar o seu cumprimento, con aviso das sancións pertinentes si así non fora.

Toda esta campaña de concienciación e colaboración veciñal,  queremos que sexa o punto de partida dunha andaina de colaboración deste equipo de goberno que dirixo e de todos os veciños e veciñas que queiran vivir nun Xinzo máis limpo, mais agradable e máis saudable. Solicitamos e reiteramos esa colaboración da veciñanza, para que todos vivamos nun Xinzo máis agradable.

Esta é unha campaña de inicio a que seguirán outras de motivación e sobre todo de colaboración e participación cidadá.