Pleno ordinario do día 15 de junio
Apróbase por unanimidade a moción sobre a necesidade de que Xinzo cumpra coa Lei de accesibilidade
- Moción do Grupo Municipal Popular para instar á Xunta de Galicia a revisión das bases para a concesión de subvencións e contratacións de persoas novas.
Apróbase por unanimidade a moción e faise especial fincapé en que é necesaria a contratación de máis persoal. Tamén que hai que agradecer as tarefas realizadas polo LIMISI e que seguirán traballando no seu apoio.
- Moción do Grupo do Grupo Municipal Xinzo Adiante para solicitar á Consellería de Industria o estudo de augas termais no acuífero de Antela.
Apróbase a moción por unanimidade e proponse que se instalen infraestruturas que xerarán interese turístico e revalorizarán a comarca. O Grupo Municipal do PSOE realiza unha emenda e propón que se tente incentivar estas iniciativas nas zonas limítrofes como Sandiás, Sarreaus… para que a definición de Ourense termal sexa coherente.
- Expediente de suplementos de créditos con cargo ao superávit dos orzamentos do 2018.
Apróbase a moción con dúas abstencións e o voto en contra de Xinzo Adiante, todos reivindicando a necesidade de ter máis información sobre o porqué desas modificacións e acusando de falta de previsión ao grupo de goberno.
- A posible cesión de competencias a tráfico por insuficiencias de medios municipais.
Apróbase coa abstención dos grupos municipais do PSOE, de Xinzo Adiante e do BNG, argüíndo que o concello debería facerse cargo de que as competencias as cumpra a policía local e que esta medida non é máis que “un parche”. Apróbase a cesión das competencias nocturnas da policía local á garda civil de tráfico.
- Moción do Grupo Socialista para adaptar os espazos públicos do Concello á Lei de accesibilidade de Galicia.
Apróbase por unanimidade a moción do Grupo Municipal Socialista sobre a necesidade de que Xinzo cumpra coa Lei de accesibilidade.
- Moción do Grupo Municipal Socialista sobre a ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia.
Apoio unánime de todos os grupos. A ampliación do parque empresarial, situado nunha zona estratéxica, xerará emprego e provocará unha revalorización da zona. Ínstase o grupo de Goberno a que obrigue a Xestur a cumprir coas súas obrigacións e proponse falar directamente coa Consellería pertinente.
- Moción do grupo Municipal Popular para a cesión de viarias de titularidade municipal á Deputación Provincial de Ourense.
Apróbase esta moción coa abstención do BNG e o PSOE e o voto en conta de Xinzo Adiante, que argúen que a Deputación non é o mellor remedio para mellorar as vías.