Xinzo de Limia Concello

O presidente da Cruz Vermella de Ourense visitou o Concello

Foi recibido polo alcalde, quen lle ofreceu o libro de honra para que deixara constancia da súa visita institucional

IMG_20180716_113732
Manuel López, Felipe Ferreiro (C.Vermella) e Guillermo Gil

Hoxe Felipe Ferreiro, Presidente da Cruz Vermella provincial, visitou o Concello de Xinzo de Limia xunto con Guillermo Gil, Delegado Comarcal da Cruz Vermella na Limia. Falaron sobre a recente creación do Comité Comarcal da Limia  así como do  o Encontro de Voluntariado da Cruz Vermella, que se pretende levar a cabo no mes de setembro en Xinzo, onde estén presentes todos os voluntarios da Limia, que serán ao redor de 150 persoas.agradecendo no encontro  o traballo que realizan durante todo o ano. Este ano íase facer en Vilariño de Conso ou en A Gudiña, pois é rotatoria e cada ano nunha comarca, pero, ante a situación da Limia como nova titular de comité, propúxose que se fixese en Xinzo de Limia, para darlle recoñecemento tanto a comarca como a esta nova situación.

A visita  ademais de presentar o novo coordinador comarcal que traballará dende Xinzo e presentarse o novo alcalde “vello coñecido” de Felipe en labores de goberno autonómico foi para solicitar e programar un pouco do encontro a levar a cabo en setembro.

 

O evento principal terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e comentáronse cales son as pretensións da Cruz Vermella á hora de realizar o encontro, en que pode axudar o Concello e mesmo establecer unhas visitas o Museo do Entroido Galego, pois estimase unha visita de 150 voluntarios.