Recepción dás obras de asfaltado do parque empresarial
Esta mañá a alcaldesa Elvira Lama acompañada de concelleiros do seu equipo e dos técnicos de urbanismo do Concello, deron unha visita ás obras de asfaltado de viais no parque empresarial de Xinzo , que fixo a Consellería de Economía , Emprego e Industria da Xunta de Galicia, cos técnicos responsables da realización dos traballos.
Unha vez rematado o percorrido firmou as actas de recepción dás obras. Recordar que as obras tiveron un custe total de 145.562,37€ que foron aportados nun 70% con fondos da Xunta e o outro 30% con fondos propios do Concello.
Elvira Lama manifestou que no vindeiro ano acometeranse outras obras de acondicionamento no parque, porque a situación en que se atopan as infraestruturas, deixan moito que desexar.