Reunión entre a Alcaldesa de Xinzo e o Xerente da EOXI para solicitar melloras no centro de Saúde de Xinzo
![reunión elvira](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2019/10/16/2019101620214335226.jpg)
Elvira Lama Alcaldesa de Xinzo acompañada do concelleiro Rafa Penabad, mantiveron una xuntanza de traballo co Xerente do Eoxi Félix Rubial, para trasladar as demandas e as eivas feitas en días pasados polas responsables de coordinación e dirección do Centro de Saúde de Xinzo.
As demandas formuladas, tanto en dotación de persoal, dotación material, como en melloras en infraestruturas foron analizadas punto por punto, a falta de que se podan concretar algunhas delas en un curto espazo de tempo.
Da reunión mantida con novo xerente, tanto a alcaldesa como o concelleiro saíron satisfeitos na medida en que o Centro de Saúde de Xinzo, parece ser que é un dos que mellor funciona da provincia, tanto polo alto grao de implicación do persoal que presta aquí os seus servizos, como da coordinación do mesmo, recoñecendo ambas partes a escaseza de persoal, e de espazos para realizar exercicios por parte da matrona.
Tanto a alcaldesa como o xerente coincidiron na necesidade de afianzar programas e servizos que están en marcha como o servizo ADO como as campañas de información e formación que se poden levar a cabo entre a poboación, empezando polos CEIPS