Xinzo de Limia Concello

Rolda de prensa de Elvira Lama e o equipo de goberno

Fixeron un análise dos 100 primeiros días de goberno

 

Elvira Lama, acompañada dos membros do seu equipo, que nesa hora puideron acompañala, pertencentes aos grupos de PSOE-AXI-XA e BNG convocou aos medios para facer balance dos 100 primeiros días de goberno cuatripartito, no cal fomos capaces de mirar por enriba de siglas e dar unha alternativa aos 16 anos de goberno do PP, matizando que os  da última lexislatura definiría como de desgoberno.

                               Definiu primeiramente o seu equipo como un equipo cohesionado, que actúa sempre por e para o interese xeral, que é o que nos move. Queremos facer deste concello o referente, e o centro comarcal, que noutras épocas xa foi da comarca da Limia. Todo isto coa implicación de tódolos veciños e veciñas, que están tanto ou máis ilusionados que nos mesmos.

Comezando co análise por feitos e proxectos  quixo deixar claro que a xestión de aquí a final de ano será difícil, pero non imposible. Procuraremos chegar vivos, apesares dos atrancos e paus nas rodas que o PP nos intentou por dende o minuto un, sen deixar os 100 días de cortesía para que este novo equipo se puxera ao día.

Quixo Elvira Lama agradecer aos efectivos dás dúas brigadas pola súa dedicación  e esforzo para cubrir as ausencias por vacacións e baixas.

Pasou logo ao repaso das obras feitas e dos proxectos que están en marcha ou que se farán realidade unha vez que se aprobe o novo presuposto que será levado a un pleno extraordinario do mes de outubro, previsiblemente, para que sexa efectivo o día 1º de xaneiro do 2020.

REALIZADAS:

.- Mellora e acondicionamento de rúas e prazas, marquesiña dos taxis, reparacións nos  pobos do rural

.- Desbrozáronse preto de 1.800 Km de pistas coas catro máquinas que ten o concello e que neste momento están operativas.

.- Limpeza do entorno do Mosteiro de Trandeiras

.-Melloras na piscina climatizada

.- Colaboración e coordinación cos distintos clubs e escolas deportivas para incrementar a oferta no deporte base

.- Xa está en marcha a organización do Samaín e conformada a comisión do Entroido 2020.

                               .- Xa están practicamente planificadas as actividades do Nadal

.- Diversos programas de inserción de colectivos en risco, inmigrantes.

.- Estamos a elaborar os Orzamentos deste grupo de goberno para o ano 2020

Varias reunións con empresarios do polígono, con comerciantes e coa hostalaría de cara a celebración da festa da pataca que se vai levar a cabo no mes de novembro.

.- Limpeza e desbroce das beirarrúas do Polígono Industrial, esta mesma semana, a petición “desesperada” dos empresarios.

Con respecto a o Polígono Industrial, hoxe mesmo se asinará a acta de replanteo para a execución do proxecto de asfaltado dos viais   do polígono por importe de 80.000 € e que terá que estar rematado nun prazo de un mes.

.- Mantivéronse reunións con XESTUR, para axilizar a ampliación do polígono e con directivos de COREN para mellorar o tecido industrial de Xinzo.

.- Asinouse a semana pasada o convenio VIOGEN, coa Secretaría de Estado do Ministerio do Interior, do que xa se deu conta esta semana pasada.

PROXECTOS

Debullou polo miúdo despois os proxectos que levarán a cabo de forma inminente e os que irán nos presupostos do ano que ven por concellerías:

Urbanismo:

.- Rematar a Avd de Celanova, a pista Setibal e as obras da Casa da Cultura: Tellado

.- Substitución de tódalas lousas que están estragadas no casco antigo, de momento por cemento. Tamén se está a redactar o plan URBE, que o PP anunciou e que nin deixou asinado.

.- Limpeza de canlóns dos edificios públicos e cambio de tellado na casa do Concello

.- Rematar as beirarrúas do Grupo S.Sebastián e mellorar o entorno.

Medio Rural e natural:

.- Anunciou a limpeza inminente de canles por parte da CHMS e a Consellería de Medio Rural.

Proxecto de recuperación dos canles de abastecemento de augas que tiña o mosteiro de Trandeiras.

.- Celebración da primeira feira da pataca e maquinaria na terceira semana de novembro.

Infraestruturas e Deporte:

.- Proxecto de ampliación do pavillón de deportes cun anexo

.- Instalación de dúas pistas de Padel

.-Creación dun carril- bici de acceso as instalacións da Moreira

.- Mellorar de forma inminente os cerramentos dos dous campos da Moreira

E como proxecto estrela a máis longo prazo a reforma integral do Parque do Toural para o ano 2020 con concurso de ideas entre arquitectos e coas achegas dos veciños.

Sanidade e S. Sociais:

.- Posta en marcha dunha bolsa de alugueiro

.- Colaboración con entidades do terceiro sector como o CDR O Viso, Algaria, Limisi, Cruz Vermella e outros

.- Esta mesma mañá anunciou a visita ao centro de Saúde ás 12 h. para manter unha reunión coa directora para analizar as carencias do mesmo.

Economía e Facenda:

                               .- Elaboración do orzamento 2020

.- Inminente firma dun convenio de colaboración a tódolos niveis coa Cámara de Montalegre.

Igualdade:

.- Elaboración do Plan de Igualdade 2020-2024 cos técnicos da casa e asesoría externa

.- No mes de novembro co gallo do 25 N  a programación de diversas actividades, ponencias e debates   coas diferentes asociacións.

Unha vez remata a roda de prensa contestou a tódalas preguntas feitas polos xornalistas presentes