Segundo pleno ordinario desta corporación municipal
Na tarde do venres a corporación municipal presidida por Elvira Lama celebrou a segunda sesión ordinaria desta lexislatura cun único punto da orde do día que sería o que máis polémica suscitou entre a portavoz do goberno e o da oposición do PP.
2. Expediente 4946/2019.
Despois da aprobación por parte de todos da acta da sesión anterior pasouse ao segundo punto na orde do día que era a proposta do grupo de goberno de Colocación Monolito na vía pública no acceso á Igrexa de Mosteiro de Ribeira, como recoñecemento público a María del Valle e Salúd Torres dúas mulleres vítimas da guerra franquista , moción que foi aprobado por unanimidade.
Montse Lama defendeu a continuación a moción do grupo Municipal Mixto-Cidadáns para instaurar 1 hora sen ruídos en tódalas festas do Concello para favorecer aos nenos con dificultade de integración sensorial:
Esta moción comentou a propoñente que vai dirixida a toda a cidadanía para conciencialos das barreiras ás que se teñen que enfrontar as persoas autistas e con dificultades de integración sensorial. Con esta medida queremos que todas as familias que contan con membros que teñen este trastorno, poidan disfrutar tamén das festas.
Tomou a palabra despois o concelleiro de festexos, a petición da alcaldesa, para informar, que esta medida será tomada xa nas vindeiras festas de Sta. Mariña.
O cuarto punto era o da toma de decisión dos festivos locais do ano 2020, aprobándose que sexan o martes de entroido 25 de marzo e o 17 de xullo anterior a festividade da patroa Sta. Mariña, que este ano cae en sábado. Este punto aprobouse cos votos a favor de todos os grupos agás o do PP que se abstivo.
A alcaldesa comentou que se barallaba o 20 de xullo luns pero ao ser o día de peche de moitos impostos non era bo para as empresas e os bancos, así como as asesorías, optándose por facer festivo o venres anterior ao día propio da patroa, coa idea tamén de que moitos veciños poidan ter unha ponte.
. O seguinte punto proposto tamén polo grupo de ciudadanos sobre a moción que denominaron "Apadriña un parque":, despois dun pequeno debate este punto quedou por riba da mesa para outra sesión , despois dun estudo por parte de técnicos e demais forzas políticas, e sobre todo polos membros da comunidade educativa dos centros de ensino da vila.
Expediente 4243/2019. Adhesión Central Contratación FEMP.
O seguinte punto que trataron os edís no pleno foi a proposta do equipo de goberno para que o concello se adhira a central de contratación da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), que a alcaldesa recordou que presidía outra vez o alcalde de Vigo Abel Caballero.
Despois da intervención dos diferentes grupos Elvira Lama explicou que esa adhesión simplemente ía a supoñer beneficios para as arcas municipais, posto que esa central de compras ía destinada aos contratos coas grandes empresas de distribución de enerxía, Gas, electricidade etc. O grupo de cidadáns abstívose por entender que isto prexudicaría as pequenas empresas de Xinzo e comarca. Os demais grupos votaron a favor da integración do concello de Xinzo na plataforma.
Elvira Lama pechou o debate deste punto volvendo a reiterar que esta central solo se refería as compras con grandes corporacións de subministro.
O punto que máis polémica suscitou da sesión foi a proposta de subida do imposto por recollida de lixo nun 14,36 % que despois da rebaixa obrigada pola Xunta dun 4,12% quedará definitivamente nun 10,24%.
Esta proposta explicou a alcaldesa, que como xa dixera en rolda de prensa pola mañá ven debido a que durante os catro anos anteriores o goberno do PP, no actualizou este imposto co custe real do servizo, e que neste ano que ven a lei obriga a que os servizos non sexan deficitarios, repercutindo integramente o custe ao pago por parte dos veciños e veciñas.
Xa sabemos que esta é unha medida impopular, continuou dicindo a alcaldesa, pero non nos queda máis remedio que facelo, repito, por imperativo legal, porque o goberno anterior non o subiu cada ano, como así lle insistían dende o goberno provincial, que é entidade encargada da recollida e do cobro da taxa do lixo.
Tomou a palabra o portavoz do PP para dicir que todas as subidas son impopulares. Dende o 15 ao 19 estaba conxelada. Agora chega o grupo goberno e di que a ten que subir. Esa era a xestión , cousa que vostedes negaban, non obstante vámonos abster. Esta xestión púidose negociar na Deputación igual que se foi a Madrid, continuou dicindo o Sr. Fernández.
Para finalizar volveu a tomar a palabra Elvira Lama para agradecer o recoñecemento polas xestións de Madrid e rematar dicindo que
Este concello non fixo os deberes en tempo e forma. Temos que actualizar, este servizo, deficitario en 169.000 . O único que se fai e actualizar unha taxa que se tiña que haber feito durante os catro anos.
Temos que trasladar eses incrementos de custe aos veciños. Temos varios requirimentos que se recibiron no ano 16,17 e 18 aos que o goberno do PP non lles fixo caso. Isto solo fai poñer o día os impostos. Non nos gusta nin como veciños nin como concelleiros. Aínda así despois desta subida seguimos tendo as taxas máis baixas que os concellos da nosa mesma categoría.
Replicou o portavoz do PP recordándolle a alcaldesa que na campaña electoral non dicía o mesmo, onde van as promesas electorais. Incluso ante notario?.
Cando aproben os presupostos 2020, a quen lle van botar a culpa.?
Elvira Lama : Nós prometemos baixar os impostos e taxas que puideramos facer. O que non vamos a facer é incumprir a lei.
Os informes obrigan aos 54 concellos da provincia. O representante , alcalde de Trasmiras aceptou a subida moito máis grande. Negociaremos onde faga falla, Deputación, Xunta ,Goberno, Europa.
Recórdolle que fomos a Deputación con proxectos de máis de 400.000 € e déronnos 80.000. ao concello de Muíños 347.000.
Nos comprometémonos a que os vindeiros presupostos sexan sociais e realistas, porque así no lo impoñen dende Madrid. Os técnicos de hacienda coñecen mellor os presupostos que vostedes e nos mesmos.
A subida foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno e o de Cidadáns e coa abstención do grupo popular.
9.- . Expediente 5183/2019. Moción do Grupo Municipal Popular para solicitar:
O último punto da orde do día tratou a moción presentada polo grupo popular para que o Concello inste ao Goberno de España a que faga efectivas as obrigas económicas , tanto coa administración autonómica, provincial e municipal, se fose o caso.
Despois dun acalorado debate entre a portavoz do grupo de goberno e o do PP aprobouse a moción por unanimidade.
11.Dación de Conta de Decreto da Alcaldía cambio réxime de sesións das Xuntas de Goberno Local:
Cambio das xuntas do luns para os venres a última hora da mañá por motivos persoais.
Rematou o pleno co capitulo de rogos e preguntas por parte de Cidadáns e PP, respostando unha a unha a alcaldesa dando por rematado o pleno ao final das mesmas.