Subir fotos ás redes para fomentar a lectura pode ter premio en Xinzo
As redes sociais serán o escaparate da campaña do Día do Libro que promove O Concello de Xinzo. A iniciativa, que leva por título “Mil libros, mil aventuras!, anima aos veciños a participar subindo ás contas en Internet do Concello un post no que figure unha fotografía do seu libro favorito e unha mensaxe de animación á lectura etiquetado co cancelo #DíadoLibroXinzo2021
O período de participación rematará o 25 de abril con todas as mensaxes participantes realizarase un mural para expoñer na Casa da Cultura
Poderán sumarse á proposta todas as persoas cun perfil real que sexan seguidoras dalgunha das contas nas redes sociais do Concello de Xinzo.
Facebook:@xinzodelimia
Twitter @xinzoconcello
Instagram @cultura_de_xinzo