Xinzo celebrou o S. Sebastián patrón de Xinzo e da Policía Local
Procesión misa e comida oficial
Na mañá de hoxe a Policía Local de Xinzo con uniforme de gala procesionou ao seu patrón partindo do Concello ata o grupo S. Sebastián para entrar logo na Igrexa Nova.
Á celebración oficial, procesión e misa solemne, asistiron representantes da corporación local encabezados pola alcaldesa Elvira Lama. O oficiante foi o párroco D. Jaime Collazo. Ao longo da procesión o son puxérono a Banda de gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia.
COMIDA OFICIAL
Rematados os actos litúrxicos a corporación local e os membros da Policía Local e invitados deron conta dun xantar nun restaurante do casco vello co que remataron os actos de celebración do día do patrón de Xinzo e dos membros da Policía Local.