A PARTIR DAS 10:00
Xinzo convoca o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto para o vindeiro luns día 17
As mulleres con endiometrose recibirán o apoio de toda a corporación grazas á presentación y previsible aprobación dunha moción conxunta presentada ao respecto
O rexedor municipal de Xinzo de Limia, Manuel Cabas, vén de convocar o pleno ordinario do mes de setembro para o vindeiro luns, día 17, ás 10:00 horas.
Nesta sesión plenaria prevese que se aprobe definitivamente a conta xeral do 2017, así como que se debate e aprobe a moción conxunta presentada por todos os grupos políticos coa que se pretende dar apoio ás mulleres con endiometrose, a petición da asociación querENDO.
A endiometrose é unha doenza inflamatoria de orixe descoñecida que causa lesións ováricas e unha severa distorsión no corpo da muller que a padece.
A orde do día completa para a sesión resulta como segue:
- A probación da acta anterior
- Aprobación definitiva da conta xeral do ano 2017
- Proposta da alcaldía sobre representantes do concello no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
- Proposta da alcaldía sobre representantes do concello na comisión de seguemento do convenio para o funcionamento da escola infantil
- Proposta sobre o representante no Consello Escolar do IES Cidade de Antioquía
- Proposta sobre compoñentes da comsión de control para o persoal laboral
- Proposta sobre representantes na mesa local do comercio de Xinzo
- Convenio de colaboración coa Xunta, FEGAMP e SEAGA para un sistema público de xestión da biomasa
- Moción conxunta de apoio ás mulleres con endiometrose
- Dación de contas dos decretos da alcaldía
- Rogos e preguntas