Xinzo de Limia Concello

Xinzo reforza a limpeza contratando un servizo complementario de 4.500 horas

limpeza
limpeza

O Concello de Xinzo de Limia pretende reforzar a limpeza. Con este propósito xa elaborou unha memoria xustificativa da contratación dun servizo complementario e dará conta ao pleno. O municipio non dispón de efectivos suficientes para acometer os traballos de hixienización, existindo limitacións legais nas leis de Orzamentos Xerais do Estado para a contratación persoal laboral fixo. Por todo iso, e segundo a citada memoria, será necesario realizar un contrato de servizos para as tarefas correspondentes unicamente á categoría de peón. Trátase, en concreto, de traballos de barrido, baleirado de papeleiras, cinceiros e dispensadores caninos e prestacións similares.

Cómpre destacar que será preciso que en datas puntuais como o Entroido, Esquecemento, Semana Santa, festas de Santa Mariña, Nadal ou calquera evento que indique o Concello se realicen limpezas extraordinarias. Ademais, poderanse encargar estas tarefas no caso de baixas do persoal contratado actualmente cando sexa preferible, por razóns de eficacia, cubrir o servizo mediante este contrato e non convocar procesos de selección interino. En ausencia de Convenio Colectivo de ámbito autonómico ou provincial, aplicaranse os mínimos do Estatuto dos Traballadores, atendendo ao cálculo do coste por hora de traballo ao salario mínimo interprofesional. En calquera caso, o número de horas a realizar polo adxudicatario non poderá superar as 4.500 horas anuais.

O valor estimado e orzamento de licitación para este contrato é de 131.373 euros, sendo o valor estimado anual de 59.715 euros. Este custo conta con ingresos correntes suficientes para ser financiado, sen que iso supoña risco para a estabilidade orzamentaria nin para a sostenibilidade financeira presente ou futura do Concello de Xinzo de Limia. Dada a diferente tipoloxía das zonas a limpar (vías públicas, aparcadoiro público, etc.), considérase suficiente a duración do contrato dun ano con posibilidade de prórroga do mesmo tempo para que a empresa ou persoa adxudicataria poida familiarizarse coas peculiaridades de cada zona e facilitar de novo a concorrencia da liquidación.

Procedemento aberto

No referido ao sistema máis adecuado para levar a cabo a licitación será o procedemento aberto no que toda persoa ou entidade empresarial poderá presentar unha proposición. Mediante este procedemento asegúrase unha maior competencia entre as persoas ou entidades licitadoras. Procede a tramitación de urxencia ao non dispor de persoal suficiente para a realización do servizo, que se leva a cabo por unha empresa mediante contrato menor.